Espazos
Atención á diversidade
Imaxe

O modelo híbrido nas escolas presenta importantes vantaxes para atender á diversidade do alumnado. Este enfoque permite adaptarse ás necesidades individuais, garantindo que os estudantes con diferentes características e situacións poidan acceder tanto a recursos dixitais como a materiais tradicionais. As ferramentas dixitais integradas están deseñadas para ser versátiles e adaptables, asegurando que cada estudante poida tirar o máximo proveito dos recursos dispoñibles. Algúns exemplos de como este modelo contribúe son:
- Atención a diferentes estilos de aprendizaxe: Recursos dixitais, como vídeos interactivos ou simulacións, poden captar a atención de estudantes visuais e kinestésicos, mentres que materiais tradicionais como libros, fichas ou cadernos son ideais para consolidar certos tipos de aprendizaxe.
- Personalización da aprendizaxe: As plataformas dixitais permiten axustar o ritmo e o nivel de dificultade en función das necesidades específicas de cada alumno.
- Acceso a unha ampla variedade de recursos: Co uso de ferramentas dixitais, o alumnado pode explorar contidos enriquecidos, recursos multimedia e actividades interactivas que complementen os conceptos transmitidos por métodos tradicionais.
- Impulso do pensamento crítico e a creatividade: A combinación de metodoloxías tradicionais e dixitais ofrece oportunidades para deseñar actividades que promovan a resolución de problemas, a colaboración e a creatividade, adaptándose a diferentes contextos e realidades.
Ademais, o emprego de recursos dixitais:
- Incrementa a motivación do alumnado.
- Resulta especialmente útil para estudantes no espectro autista, grazas a contidos audiovisuais como vídeos e fotografías. A metodoloxía de aula invertida, baseada en vídeos creados polos docentes, pode ser tamén moi efectiva para algúns perfís de estudantes.
- Facilita o acceso á información, permitindo buscar e ampliar coñecementos en liña.
- Ofrece a posibilidade de axustar aspectos visuais, como a tipografía, o tamaño da letra ou os contrastes no EVA, o que contribúe a superar certas dificultades de acceso á información.
Deste xeito, o modelo híbrido promove unha educación máis inclusiva e enriquecedora, adaptada ás necesidades individuais de cada estudante.