Espazos

Nos últimos tempos, faise cada vez máis evidente a importancia de establecer límites no uso dos dispositivos electrónicos, nas aplicacións dispoñibles e nos controis asociados.
Paralelamente, gaña forza o concepto de benestar dixital, que afonda nesta idea poñendo o foco na necesidade de atopar un equilibrio entre o uso da tecnoloxía e a realización doutras actividades.
Por isto a Xunta de Galicia publica o Plan Integral de Benestar Dixital. Este plan nace da convicción de que a tecnoloxía pode e debe ser unha aliada do desenvolvemento humano, pero require gobernanza, educación e corresponsabilidade. A protección da infancia no ámbito dixital non é responsabilidade exclusiva das familias ou da escola: é unha tarefa colectiva e compartida que implica tamén á Administración, ás empresas tecnolóxicas, aos medios de comunicación e á sociedade no seu conxunto.
