Integración no centro educativo

Integración no centro educativo
Imaxe
centro educativo

O ensino híbrido propón a combinación elementos do ensino tradicional cos uso de recursos dixitais. É un contexto no que existe un equilibrio entre o emprego de dispositivos tecnolóxicos co uso de materiais máis tradicionais.

Cada centro decide como xestionar os diferentes recursos, flexibilizándoos e adaptándoos para dar resposta ás necesidades do seu alumnado.

O meu fillo/a só vai empregar materiais dixitais?

Non. Os recursos dixitais do proxecto non deixan de ser iso, recursos didácticos. Cada docente en cada área e materia empregará os recursos que considere máis axeitados seguindo un modelo híbrido que facilite a mellora das aprendizaxes do alumnado.

Empréganse permanente os portátiles na aula?

Non. Cada momento do día a día nas sesións lectivas, en función do que se está a traballar, das necesidades e dos beneficios de empregar uns ou outros recursos, ao profesorado fará un uso equilibrado dos diferentes elementos cos que conta.

Que vantaxes ten a posibilidade de contar cun portátil para cada neno/a?

O feito de dispoñer dun portátil persoal implica:

  • Dispoñibilidade total: cada estudante conta cun equipo propio para traballar en calquera momento e lugar.
  • Acceso a múltiples recursos: ademais dos materiais de E-Dixgal, contar cun equipo propio permite o acceso continuo a fontes de información, bancos de imaxes e outras ferramentas en liña.
  • Mellora das competencias dixitais: o equipo inclúe ferramentas de ofimática como procesador de textos, presentacións e follas de cálculo, ademais doutras aplicacións de carácter didáctico.
  • Maior autonomía no estudo: dispor de portátil propio facilita a organización persoal, a consulta de información e a realización de traballos.
  • Mellora na xestión das tarefas escolares: cada estudante pode editar, gardar e compartir documentos desde o seu propio equipo.
  • Accesibilidade para todo o alumnado: posibilita o uso de ferramentas de apoio como lectores de pantalla, ampliadores de texto, tradutores ou correctores ortográficos.
  • Igualdade de oportunidades: as familias con varias fillas e fillos non teñen que asumir o custo dun dispositivo para cada estudante.
    En resumo, dispor dun portátil propio garante acceso continuo a recursos dixitais, facilita a organización do estudo e promove a autonomía e a igualdade de oportunidades.
Van substituír os recursos dixitais a outras ferramentas ou propostas nas aulas?

Non, os materiais dixitais están deseñados para complementar os recursos tradicionais e tamén as metodoloxías máis modernas, favorecendo unha aprendizaxe máis completa e adaptada ás necesidades do alumnado.