Outros recursos

Outros recursos
Imaxe
recursos
Imaxe
Materiais e proxectos complementarios ao proxecto

 

De maneira similar aos recursos e ferramentas ofrecidos no proxecto, a propia Consellería pon a disposición diversas iniciativas e programas que ofrecen alternativas e materiais para que o profesorado os incorpore nas aulas.

Entre estas propostas destaca a posibilidade de aprender sobre os dereitos e deberes dos consumidores, a través de programas como o Plan Proxecta; explorar outras escolas, idiomas e culturas mediante actividades de internacionalización como o programa Erasmus; ou enriquecer os recursos das bibliotecas escolares grazas ao PLAMBE.

Ademais, tamén se contempla o uso de calquera material xa dispoñible no centro educativo que facilite o estudo da realidade na que vivimos, a comprensión científica do noso entorno ou a experimentación de distintas formas de representar esa realidade.